top of page
Faite socia/o de A3GAL
Comprometidos coa Galipedia e o coñecemento libre
As socias e socios son a base de A3GAL, gracias a eles a asociación pode conseguir os seus fins e avanzar neles, pero non só grazas á sua achega económica, tamén grazas á súa participación na toma de decisións, colaboración nas actividades programadas, axudando cos coñecementos nas súas áreas de traballo, etc.
A achega económica, segundo se estableceu na Asemblea Xeral de socias e socios de 2019, é de: "5 euros anuais, con recomendación de que se abonen 12", e estas achegas fanse directamente polas persoas asociadas na conta da asociación nas datas indicadas pola Xunta Directiva.
Podes consultar os estatutos completos da asociación nesta ligazón.
bottom of page