Protección de datos
Comprometidos coa Galipedia e o coñecemento libre
Información completa sobre Protección de Datos
Responsable:
A3GAL. Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre
r/ Manuel Azaña Nº5, 3ºD O Burgo
15670 Culleredo
NIF: G70593397
Contacto: aaa3gal@gmail.com
Finalidade
Utilizaremos os datos persoais EXCLUSIVAMENTE para a xestión da asociación (identidade da socia/o, comunicación coas socias/os, etc.). Os datos son necesarios mentres se pertenza á asociación, e serán destruídos no caso de darse de baixa.
O correo electrónico e o nome de usuaria/o de Wikipedia utilizaranse para o envío de información da asociación.
Lexitimación
A Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, no seu artigo 14, require: “dispoñer dunha relación actualizada dos seus asociados, levar unha contabilidade que permita obter a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira da entidade, así como as actividades realizadas, efectuar un inventario dos seus bens e recoller nun libro as actas das reunións dos seus órganos de goberno e representación.”
Destinatarios
Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal. Por exemplo, as socias/os participantes en actividades da asociación poderán estar cubertas por seguros de responsabilidade civil e/ou accidentes, para o cal pode ser imprescindible facilitar os seus datos persoais identificativos.
Dereitos (ARCO)
As persoas interesadas teñen dereito a acceder ós seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
Obviamente, como se indica no apartado “Finalidade”, a eliminación da información dos ficheiros da asociación supón a baixa como asociada/o.