top of page
Search
  • Writer's pictureA3GAL

Concurso fotográfico da Galipedia: Wiki Loves Parroquias

A Galipedia, a enciclopedia libre en galego, vai realizar un concurso fotográfico para conseguir fotos para os artigos de parroquias que aínda non teñen imaxes.


No momento de comezar o concurso, máis de 700 artigos de parroquias están sen foto, todas elas das provincias de Lugo e Ourense.


As imaxes son fundamentais para ilustrar os artigos xa que achegan un alto valor ós contidos, e que cada parroquia de Galicia teña a súa foto é subir un pequeno chanzo no incremento da calidade desta enciclopedia libre.


O tema das imaxes é libre, poden facerse fotos a tódolos elementos que se poidan identificar de forma clara en cada parroquia, por exemplo, os castros, petróglifos, torres, igrexas, mosteiros, feiras, romarías, fragas, etc.


O prazo presentación de fotos é do 1 de agosto ó 31 de outubro.


En novembro haberá unha votación para escoller as tres mellores fotos, e os gañadores levarán 300, 200 e 100 euros respectivamente. A maiores sortearanse varias camisetas da Galipedia entre tódolos participantes.


Pode consultarse toda a información en https://w.wiki/52e.


24 views

Recent Posts

See All
bottom of page